Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

What You See Is What You Get

'O que ves é o que obtés', filosofía de traballo aplicada en sistemas de creación e deseño tanto en soporte físico como lóxico, segundo a cal se pode crear un documento nunha computadora vendo directamente nela o resultado final deste ou algo moi semellante.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
WYSIWYG
Exemplo: 
O Dreamweaver é un editor WYSIWYG.
Información complementaria: 
Esta denominación úsase tanto para as ferramentas como para os equipos: por unha banda un programa pode compoñer, presentar ou previsualizar o resultado final tal e como se prevé que vai quedar, mentres que as pantallas poden ter unha resolución acorde coa das impresoras (por exemplo, nas primeiras computadoras de Apple). O acrónimo correspondente á tradución en galego sería OQVEOQO, que tamén é pronunciable en certa maneira, pero que debido ao seu carácter coloquial e de xiria, precisa ser adoptado pola comunidade de forma espontánea.
Traducions
Tradución portugués: 
WYSIWYG
Tradución castelán: 
WYSIWYG
Tradución francés: 
WYSIWYG
Tradución italiano: 
WYSIWYG
Tradución inglés: 
WYSIWYG
Tradución alemán: 
WYSIWYG