'Linguaxe para modelaxe de realidade virtual', linguaxe de programación desenvolvida para deseñar mundos virtuais en 3D accesibles a través de Internet, que permite verse ao propio usuario mentres se move pola realidade virtual mediante o emprego de avatares e interactuar cos avatares doutros visitantes.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
VRML
Exemplo:
Rematei o meu mundo en VRML.Información complementaria:
O arquivo que contén o código VRML é un arquivo de texto, con extensión .wrl, que define as formas e as cores do mundo 3D. Para a súa codificación poderase empregar un simple editor de textos ou ben un editor especializado. Para poder acceder a unha web con contido VRML necesítase instalar no navegador un complemento adecuado, como poden ser o Cortona ou o Cosmo Player.
Ver tamén:
avatar