Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

modelo entidade-relación

Ferramenta de axuda ao deseño de bases de datos que consiste na representación dos distintos obxectos que pertencen á base de datos (denominados entidades), as súas propiedades (denominadas atributos) e as relacións entre as distintas entidades (incluíndo posibles restricións), resultando que entre os atributos de cada entidade haberá un ou varios que, en conxunto, conformarán a clave, conxunto de datos que identificará de xeito único cada rexistro incluído nesa entidade.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
diagrama entidade-relación
Abreviatura: 
E-R; modelo E-R; diagrama E-R
Exemplo: 
Antes de comezar a crear táboas nunha base de datos é preciso deseñalas segundo o modelo E-R para garantir a correcta definición da mesma.
Información complementaria: 
Estes diagramas son fundamentais no deseño dunha base de datos. Segundo fagamos as relacións entre as táboas e os campos obteremos formas canónicas das relacións entre elas. As relacións entre entidades poden ser: 1:1, onde un elemento da entidade A se corresponde exactamente cun elemento da entidade B e viceversa 1:N, onde un elemento da entidade A se pode relacionar con varios elementos da entidade B, pero un elemento da entidade B só se corresponde cun único elemento de A N:M, onde un elemento da entidade A se pode relacionar con varios elementos da entidade B e viceversa.
Traducions
Tradución portugués: 
diagrama entidade relacionamento
Tradución castelán: 
diagrama entidad-relación; DER; modelo entidad-relación
Tradución francés: 
modèle entité-association; diagramme entité-association; entity relationship diagram; ERD
Tradución italiano: 
modello entity-relationship; modello entità-relazione; modello entità-associazione; modello E-R
Tradución inglés: 
Entity-Relationship Model; ERM
Tradución alemán: 
Entity-Relationship-Modell; ER-Modell; ERM; Gegenstands-Beziehungs-Modell; ER-Diagramme