Capacidade dos campos magnéticos variables para inducir ou crear tensións e correntes nos condutores que se atopen na súa zona de influencia; tamén é posible o proceso inverso: xerar o campo a partir dunha corrente.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
indución
Información complementaria:
A indutancia é a propiedade circuital das bobinas e adóitase representar coa letra L. A unidade de indutancia é o henry. Moitas veces a unha bobina tamén se lle chama indutancia ou indución; aínda que este uso non é totalmente correcto. A bobina é un dispositivo físico mentres que a indución é a habilidade para converter un campo en corrente eléctrica ou ao revés. A indución ou indutancia é a base dalgúns sistemas moi importantes para a vida cotiá como os xeradores (os alternadores dos vehículos e os das centrais eléctricas), os transformadores e os motores. Outro uso da indución atópase nas bobinas que se engaden nalgúns circuítos de radiofrecuencia (receptores de radio, televisión e outros sistemas) para lograr seleccionar o sinal desexado.
Ver tamén:
campo magnético; henry; solenoide