Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

multiplexación por división de frecuencias ortogonais

Modulación dixital baseada en enviar simultaneamente varias portadoras ortogonais de diferentes frecuencias.

Modulación que consiste en enviar un conxunto de ondas portadoras de diferentes frecuencias en que cada unha transporta información modulada en QAM ou en PSK de forma independiente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
modulación por multiplexación por división de frecuencias ortogonais; modulación ODFM; OFDM
Abreviatura: 
ODFM
Información complementaria: 
A modulación OFDM é moi robusta fronte ao multitraxecto, que é habitual nas canles de radiodifusión, fronte ás atenuacións selectivas en frecuencia e fronte ás interferencias de RF. Debido ás características desta modulación, e capaz de recuperar a información de entre os distintos sinais con distintos retardos e amplitudes que chegan ao receptor, polo que existe a posibilidade de crear redes de radiodifusión de frecuencia única sen que existan problemas de interferencia. Normalmente, a multiplexación por división de frecuencias ortogonais utilízase xunto cun código corrector e daquela fálase de Coded OFDM (COFDM ou multiplexación por división de frecuencias ortogonais codificada). A natureza mutiportadora deste sinal confírelle propiedades moi interesantes como unha gran robusteza e un grande aproveitamento do espectro de frecuencias. En particular, a multiplexación por división de frecuencias ortogonais é practicamente inmune ao multitraxecto: múltiples rebotes do sinal, moi común en interiores e en zonas urbanas. A multiplexación por división de frecuencias ortogonais ten, hoxe en día, gran cantidade de aplicacións: TDT (televisión dixital terrestre), DAB (radio dixital), sistemas Wi-Fi e WiMax, comunicacións utilizando liñas eléctricas (PLC), etc.
Ver tamén: 
modulación; modulación de amplitude en cuadratura; multiplexación en frecuencia; modulación por desprazamento de fase; multiplexación por división de frecuencias ortogonais de acceso múltiple; multiplexación por división de frecuencias ortogonais codificadas; Power Line Comunications; radiodifusión de audio dixital; Televisión dixital terrestre
Traducions
Tradución portugués: 
Orthogonal Frequency Division Multiplexing; OFDM
Tradución castelán: 
multiplexación por división de frecuencias ortogonales; Orthogonal Frequency Division Multiplexing ; OFDM
Tradución francés: 
multiplexage orthogonal par répartition en fréquences; Orthogonal Frequency Division Multiplexing ; OFDM
Tradución italiano: 
Orthogonal Frequency Division Multiplexing; OFDM
Tradución inglés: 
OFDM; COFDM; Orthogonal Frequency Division Multiplexing; Coded OFDM; Orthogonal frequency-division multiplexing
Tradución alemán: 
Orthogonal Frequency Division Multiplexing; OFDM