En morfoloxía matemática, dilatación dun conxunto seguido dunha erosión do resultado utilizando un elemento estrutural determinado.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Hai que facer un peche morfolóxico para corrixir o resultado da limiarización.Información complementaria:
O peche morfolóxico utilízase no procesado de imaxe e na visión por computadora xa que suaviza e enche pequenos buratos nos obxectos, suaviza os contornos e une obxectos ou partes que aparecen desconectadas polo preprocesado, pero que forman parte do mesmo obxecto (sempre que a separación sexa menor que o tamaño do elemento estrutural).
Ver tamén:
apertura morfolóxica; dilatación morfolóxica; elemento estruturante; erosión morfolóxica; morfoloxía matemática