Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

multiprocesador

Computadora que conta con dous ou máis microprocesadores polo que se poden executar simultaneamente varios fíos pertencentes a un mesmo proceso ou a procesos diferentes.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Os computadores multiprocesador presentan problemas de deseño que non se atopan nos dun só procesador. Os problemas derivan do feito de que dous programas poden executarse simultaneamente e, potencialmente, poden interferirse, concretamente, no que se refire ás lecturas e escrituras en memoria. Existen dúas arquitecturas que resolven estas dificultades: - A arquitectura NUMA, na que cada procesador ten acceso e control exclusivo a unha parte da memoria. - A arquitectura SMP, na que todos os procesadores comparten toda a memoria. Esta última debe abordar o problema da coherencia do caché. Cada microprocesador conta coa súa propia memoria caché local, de maneira que cando un microprocesador escribe nun enderezo de memoria, faino unicamente sobre a súa copia local en caché. Se outro microprocesador ten almacenado o mesmo enderezo de memoria no seu caché, resultará que traballa cunha copia obsoleta do dato almacenado. Para que un multiprocesador opere correctamente necesita un sistema operativo especialmente deseñado para iso. A maioría dos sistemas operativos actuais posúe esta capacidade.
Ver tamén: 
memoria caché; monotarefa; multitarefa; sistema operativo; sistema secuencial
Antónimos: 
monoprocesador