'Base de obxecto versionado', ficheiro dos DVD que inclúe vídeo, audio, subtítulos e menús.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
VOB
Información complementaria:
Os ficheiros VOB están codificados normalmente seguindo o estándar MPEG-2. Se se cambia a extensión de .vob a .mpg ou .mpeg, o ficheiro é lexible e continúa tendo toda a información, aínda que algúns visualizadores non son compatibles cos subtítulos.
Ver tamén:
audio; codificación; MPEG-2; subtítulo; vídeo