Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

partición estendida

Partición primaria na que se poden definir dentro dela tantas particións de datos como desexe o usuario.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
É un tipo de partición posible dun disco duro na que se poden crear particións para datos. Cando se desexa ter unha serie de particións para datos: unha para datos do usuario, outra para o correo electrónico, outra para música, etc... entón defínese como partición estendida e cada unha delas chámase partición lóxica. Cada disco duro só pode ter unha partición estendida. É un tipo especial de partición primaria, só pode haber unha partición estendida no disco duro e esta á súa vez pode conter outras particións lóxicas. Unha partición estendida non ten letra de asignación de unidade, xa que foi concibida co fin de ampliar o límite de catro particións dun disco duro (primarias). As estendidas non poden conter datos en si para isto cómpre crear particións lóxicas.
Ver tamén: 
disco duro; partición; partición activa; partición lóxica
Traducions
Tradución portugués: 
partição estendida
Tradución castelán: 
partición extendida
Tradución francés: 
partition étendue
Tradución inglés: 
extended partition