'Arquivo de Roshal ou arquivo RAR' , formato de arquivo cun algoritmo de compresión sen perda utilizado para a compresión e arquivado de datos.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
RAR
Información complementaria:
Foi desenvolvido por Eugene Roshal que o bautizou co seu propio nome (RAR, Roshal ARchive). Este formato é máis lento que o ZIP, pero comprime moito máis e ten un maior sistema de redundacia de datos para previr erros ou perda de información. Os arquivos neste formato teñen extensión .RAR e, polo xeral, non poden ser abertos con programas comerciais que si son capaces de descomprimir os ZIP.
Ver tamén:
compresor; TAR; ZIP