Programa empregado para enviarlle a un enderezo de correo electrónico unha gran cantidade de mensaxes de xeito que se sature dificultando o seu uso ou se sature a capacidade dos servidores de correo onde está aloxado este enderezo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Exemplo:
Un antigo traballador empregou un programa de tipo mail bomb para saturar as contas da nosa empresa.Información complementaria:
Por similitude, o termo úsase ás veces de xeito pouco preciso para refirse a programas que serven para enviar correos electrónicos a multitude de destinatarios ou mandar comunicados ás nosas listas de distribución. Moitos virus compórtanse deste xeito enviando correos de xeito masivo a todos os nosos contactos.