Familia de algoritmos empregada por Google para valorar a importancia dunha web.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
PR
Exemplo:
O PR que indica a barra de Google para a nosa web é tres.Información complementaria:
O motor de busca de Google percorre todas as webs que coñece e visita todas as ligazóns que atopa nese percorrido, dese xeito engade novas páxinas que vai atopando aos seus resultados. Cada vez que atopa unha ligazón, Google asume esa ligazón coma un "voto" a favor da páxina enlazada. Cantas máis ligazóns apunten a unha determinada páxina máis votos terá, e máis importante será. Pero para limitar usos abusivos, outorga distinto peso a cada páxina, de xeito que o "voto" dunha web importante, terá máis peso que o doutra menos importante. Ademais, o peso dos votos diminúe cantas máis ligazóns saíntes ten unha páxina. Entón, interésanos ter moitas ligazóns apuntando á nosa web, que proveñan de webs importantes e que esas webs teñas poucas ligazóns saíntes.
Con estes tres parámetros Google calcula un valor chamado PageRank.
O único xeito de coñecer o PageRank dunha web é mediante a instalación da barra de Google no explorador web. Porén ese valor mostrado (entre 0-10) será unha medida de tipo algorítmico do PageRank exacto, calculado do seguinte xeito:
PR1 = 0.00000001 ata 5
PR2 = 6 ata 25
PR3 = 25 ata 125
PR4 = 126 ata 625
PR5 = 626 ata 3125
PR6 = 3126 ata 15625
PR7 = 15626 ata 78125
PR8 = 78126 ata 390625
PR9 = 390626 ata 1953125
PR10 = 1953126 ata infinito.
Ver tamén:
atributo nofollow; Google; web