Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Red, Green and Blue

'Vermello, verde, azul' Cores vermella, verde e azul que se usan como intensidades das cores primarias a partir das que se xeran por mestura aditiva todas as demais da paleta gráfica, nunha pantalla de televisión ou de ordenador.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
RGB
Información complementaria: 
A descrición RGB dunha cor fai referencia á composición da cor en termos da intensidade das cores primarias con que se forma: a vermella, a verde e a azul. O modelo de cor RGB non define por si mesmo o que significa exactamente vermello, verde ou azul, razón pola cal os mesmos valores RGB poden mostrar cores notablemente distintas en diferentes dispositivos que usen este modelo de cor. Aínda que utilicen un mesmo modelo de cor, os seus espazos de cor poden variar considerablemente. Para indicar con que proporción mesturamos cada cor, asígnase un valor a cada unha das cores primarias, de xeito, por exemplo, que o valor 0 significa que non intervén na mestura e, a medida que ese valor aumenta, enténdese que proporciona máis intensidade á mestura. Aínda que o intervalo de valores podería ser calquera (valores reais entre 0 e 1 úsanse como base teórica), é frecuente que cada cor primaria se codifique cun byte (8 bits). Así, de xeito usual, a intensidade de cada unha das compoñentes mídese segundo unha escala que vai do 0 ao 255.
Ver tamén: 
Cyan, Magenta, Yellow and Key; espazo de cor; luces primarias; YIQ; YUV
Traducions
Tradución portugués: 
RGB
Tradución castelán: 
RGB
Tradución francés: 
RGB
Tradución italiano: 
RGB
Tradución inglés: 
RGB
Tradución alemán: 
RGB; RGB-Farbraum