Servidor web con soporte para JSP e servlets, desenvolvido en Java, polo que funcionará en calquera sistema operativo que teña instalada a máquina virtual de Java.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
Jakarta Tomcat; Apache Tomcat
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
A aplicación está a correr baixo Tomcat.Información complementaria:
Desenvolvido por voluntarios e a Apache Software Foundation, distribúese como programa libre.
O motor de servlets de Tomcat a miúdo preséntase en combinación co servidor web Apache aínda que tamén pode funcionar como servidor web por si mesmo dando un perfecto rendemento en contornos con alto nivel de tráfico e alta dispoñibilidade. Dado que Tomcat está escrito en Java, funciona en calquera sistema operativo que dispoña da máquina virtual Java.