Icona, habitualmente con forma de frecha apuntando cara arriba e un pouco á esquerda, que se move polo escritorio da pantalla do ordenador como resposta aos movementos do rato.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Abreviatura:
NA
Exemplo:
NAInformación complementaria:
É o elemento visual na pantalla que se usa para visualizar a interacción do rato co ordenador. Cando se pon o báner enriba dunha carpeta e se preme no botón esquerdo do rato, a carpeta aparece seleccionada, feito que se mostra normalmente cun cambio de cor da mesma. Se se preme dúas veces ábrese a carpeta, que se mostra a través dunha nova ventá no escritorio dentro da cal aparecen as iconas dos elementos que contén a carpeta dentro. Adoita ter forma de frecha, triángulo, man (no caso de situármonos enriba dun hipervínculo), reloxo (no caso de que a aplicación aberta ou o sistema operativo estea ocupado), etc. O propio usuario pode personalizalo ao seu gusto de xeito que aparezan as iconas que desexe en cada momento. É un elemento indipensable hoxe en día, porque da súa localización depende que o sistema operativo execute unha ou outra tarefa.
Ver tamén:
cursor; escritorio; monitor; rato