Extensión da web actual dotada de significado na que a información tería unha significación ben definida, de maneira que puidese ser interpretada tanto por axentes humanos coma por axentes computerizados.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A información na web actual está pensada para ser interpretada por humanos, pois os buscadores non distinguen o significado do buscado. Para que os buscadores poidan coñecer o significado, este debe ser incluído como información adicional (metadatos semánticos) ao poñer a información na rede. Esas informacións adicionais describen o contido, o significado e a relación dos datos e débense proporcionar de xeito formal para que así sexa posible avalialas automaticamente por máquinas de procesamento. O obxectivo é mellorar Internet ampliando a interoperabilidade entre os sistemas informáticos e reducir a necesaria mediación de operadores humanos.
Ver tamén:
metadato