En programación, secuencia de operacións que realiza de forma completa unha determinada función.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
función; procedemento
Información complementaria:
A maioría das linguaxes de programación permite a creación de subrutinas, de forma que non é preciso codificar múltiples veces a mesma tarefa. Unha subrutina admite xeralmente o paso de argumentos de entrada e a devolución de valores de saída. A diferenza conceptual entre "subrutina" e "rutina" é que aquelas teñen un tamaño relativo menor, maior frecuencia de uso, tipo de operacións máis básicas e unha xerarquía máis afastada do obxectivo final do programa (un rutina está incluída directamente no programa principal, e pode incluír varias subrutinas para operacións necesarias e habituais). Cómpre observar que a súa lectura respecta as orixes derivativas da palabra e conserva a vibrante como multiple, polo que a súa división en sílabas é "sub-ru-ti-na", non "su-bru-ti-na".
Ver tamén:
función; procedemento; recursividade; rutina