Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

banco de imaxes

Conxunto ou colección de imaxes que pode ter distintos usos finais (medios de difusión, adestramento para desenvolver algoritmos, etc.).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
banco de fotos
Exemplo: 
Utiliza un banco de imaxes de adestramento con 500 imaxes e un banco de imaxes de proba de 6000 imaxes.
Información complementaria: 
Son comúns os bancos de imaxes para a súa utilización en medios de difusión (xornais ou revistas), ben por estaren libres de dereitos ou despois do pago dos dereitos (royalties) correspondentes. Tamén se utilizan bancos de imaxes nalgúns sistemas de visión por computador, empregándose un como adestramento para o desenvolvemento dos algoritmos e outro para comprobar o funcionamento correcto.
Traducions
Tradución castelán: 
banco de imágenes
Tradución inglés: 
image bank; photo bank