Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Aloha

Protocolo de acceso ao medio deseñado para permitir a varias estacións, xeralmente ordenadores, compartir un único medio de transmisión.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
O nome "Aloha" foi empregado polos seus inventores na universidade de Hawai (é a palabra utilizada en lingua autóctona para saudar a un visitante) e é un exemplo do que se chaman técnicas de "contenda" para acceso a recursos (neste caso unha canle de comunicacións). Xeralmente é usado vía radio polo que o medio común é o aire. O aloha consiste en que cada estación intenta transmitir sempre que teña datos. Se a comunicación non ten éxito porque hai unha colisión (dúas ou máis estacións transmitindo á vez), o erro é detectado pola ausencia de resposta. Despois dun erro por colisión cada estación intenta a retransmisión despois dun tempo aleatorio. Se o tráfico (o volume de datos a transmitir por estación) non é moi alto, a rede funcionará adecuadamente. Se hai moito tráfico, as colisións serán moi frecuentes e a rede volverase inservible.
Ver tamén: 
acceso múltiple de portadora con detección de colisións; ethernet
Traducions
Tradución portugués: 
Aloha
Tradución castelán: 
Aloha
Tradución francés: 
Aloha
Tradución italiano: 
Aloha
Tradución inglés: 
Aloha
Tradución alemán: 
Aloha