Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

recuperación de datos

Proceso que consiste en volver obter unha copia dos datos dun soporte físico (disco duro, CD, DVD, memoria externa, etc.) que xa non son accesibles directamente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Contratei a unha empresa especializada en recuperación de datos para reconstruír o proxecto que me borrou un virus.
Información complementaria: 
Existen dous casos diferenciados: que a recuperación de datos sexa necesaria debido a un fallo lóxico (borrado accidental, virus, formatado, etc.) ou dun fallo físico. No primeiro caso empréganse programas especializados que percorren todos os sectores do sistema de almacenamento en cuestión intentando reconstruír o maior número de arquivos posibles. Nun segundo caso, cómpre acudir a empresas moi especializadas que contan con laboratorios moi sofisticados para ter un acceso físico ao interior do disco. Este é un proceso máis caro, xa que existen poucos laboratorios en cada país coa capacidade de realizalo.
Traducions
Tradución portugués: 
recuperação de dados
Tradución castelán: 
recuperación de datos
Tradución francés: 
récupération de données
Tradución italiano: 
recupero di dati
Tradución inglés: 
data recovery
Tradución alemán: 
Datenrettung