Erro que xurdiu co cambio de milenio debido á pouca capacidade de procesamento dalgúns ordenadores que representaban as datas só coas dúas últimas cifras, o que supoñía que a mesma representación para anos do século XX e do XIX.
Categoría Gramatical:
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Estiven a traballar tres anos para evitar os posibles desastres debidos ao efecto 2000 en moitas empresas.Información complementaria:
O descubrimento deste erro informático supuxo unha inxente carga de revisión de código por programadores en todo o mundo, que finalmente foi arranxado a tempo na maioría dos sistemas sen que xurdise ningunha incidencia ao nivel que se temía.