Reserva dun dominio para evitar a súa perda futura en mans dun competidor, aínda que ese dominio non estea en uso.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
aparcamento de dominio
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Esa empresa dedícase a facer párking de dominios para revendelos.Información complementaria:
Este termo tamén inclúe o proceso polo que determinadas persoas ou empresas mercan multitude de dominios cun fin puramente especulativo para obter ingresos a través da publicidade ou da revenda do devandito dominio. Para iso mercan dominios caducados con obxecto de que sigan a atraer a antigos visitantes ou dominios con nomes moi significativos para revendelos a un prezo moi superior ao da súa compra.