Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

visitante único

Usuario de Internet que visualiza unha páxina e que, para os efectos estatísticos, se conta como unha soa vez independentemente de que o faga en múltiples ocasións nun período de tempo determinado.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo: 
A miña web tivo 10000 visitantes únicos o pasado mes.
Información complementaria: 
Este parámetro emprégase para interpretar estatísticas de visitas a unha web nun determinado período de tempo. O xeito de contar os visitantes únicos pode ser a través do IP de conexión (dato non fiable, pois determinadas conexións traballan asignándolles IP dinámicos aos usuarios, polo que distintas visitas dunha mesma persoa poden ser interpretadas como distintos visitantes) ou por medio dunha cookie (para que este método sexa fiable o navegador de cada visitante debería estar configurado para a aceptación de cookies).
Traducions
Tradución castelán: 
visitante único
Tradución francés: 
visiteur unique
Tradución italiano: 
visitatore unico
Tradución inglés: 
unique visitor
Tradución alemán: 
einzigartige Besucher