Antena consistente nunha superficie metálica, usualmente plana, provista de cortes ou rañuras na súa superficie que, excitada a unha determinada frecuencia, produce radiación electromagnética a través destes cortes, sendo semellante a radiación de cada corte ao diagrama dunha antena dipolo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
O diagrama de radiación total producido por esta antena depende da xeometría, número, separación e outros parámetros das rañuras. A radiación electromagnética producida de forma individual por cada rañura aseméllase á dunha antena dipolo.
Ver tamén:
antena