Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ortofotografía

Representación fotográfica dunha zona da superficie terrestre coa mesma validez dun plano cartográfico na que tódolos elementos presentan a mesma escala e están libres de erros e deformacións.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
ortofoto
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
NA
Información complementaria: 
Unha ortofotografía conséguese mediante un conxunto de imaxes aéreas tomadas desde un avión ou satélite corrixidas dixitalmente para representar unha proxección ortogonal sen efectos de perspectiva e na que polo tanto é posible realizar medicións exactas, ó contrario que sobre unha fotografía aérea simple, que sempre presentará deformacións causadas pola perspectiva dende a cámara, a altura ou a velocidade á que se move a cámara. A este proceso de corrección dixital chámaselle ortorectificación. Polo tanto, unha ortofotografía combina as características de detalle dunha fotografía aérea coas propiedades xeométricas dun plano.
Ver tamén: 
ortorrectificación