Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

complemento

Módulo de hardware ou software que engade unha característica, servizo ou funcionalidade específica a un sistema.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
Hai un gran número de complementos para o navegador Firefox que che permiten utilizar diversas ferramentas, e o complemento Flash permite ver animacións Flash en calquera navegador. Acabo de instalar un complemento que me permite visualizar vídeo en varios formatos.
Información complementaria: 
O primeiro complemento deseñouse en 1987 para o programa HyperCard de Macintosh. Un exemplo pode ser o complemento de flash, necesario para poder ver animacións flash nun navegador, ou un editor de fórmulas matemáticas para un programa de procesamento de textos.
Traducions
Tradución portugués: 
plugin; plug-in
Tradución castelán: 
complemento; plug-in
Tradución francés: 
plugin; greffon; insérable; plugiciel
Tradución italiano: 
plugin; plug-in; addin; add-in; addon; add-on
Tradución inglés: 
plug-in; plugin; addin; add-in; addon; add-on; snap-in; snapin
Tradución alemán: 
Plug-in; Plugin