Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

diafragma

Dispositivo que regula a entrada de luz ou abertura a un sistema óptico.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
iris
Exemplo: 
Nas cámaras fotográficas normais para regular o diafragma e o tempo de exposición precísase dunha forza auxiliar.
Información complementaria: 
Os distintos sistemas automáticos fundaméntanse todos en facer uso dun fotómetro para determinar a intensidade luminosa procedente do obxecto. Adoita ser un disco ou un sistema de aletas disposto no obxectivo dunha cámara de forma tal que restrinxe o paso da luz, xeralmente de forma axustable. As progresivas variacións de abertura do diafragma especifícanse mediante o número f, que é a relación entre a lonxitude focal e o diámetro de abertura efectivo.
Ver tamén: 
enfoque; obxectivo; teleobxectivo
Traducions
Tradución portugués: 
diafragma
Tradución castelán: 
diafragma
Tradución francés: 
diaphragme
Tradución italiano: 
diaframma
Tradución inglés: 
diaphragm
Tradución alemán: 
Diaphragma; Blende