Intercambio de software comercial sen compralo e sen pagar dereitos de autor.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
Os portais warez teñen moito éxito na rede. Permítenos baixar programas moi útiles totalmente gratuítos.Información complementaria:
O termo refírese xeralmente a distribucións ilegais por grupos ou persoas. O termo warez deriva do termo Software (Soft- Ware e o Z representa o oculto, sen lei, o underground).
Normalmente estes programas proveñen de piratas ou crackers que rompen as proteccións dos programas para colgalos nun servidor. Ás veces, o seu fin non é altruista, senón que estas modificacións levan tamén virus incrustados, normalmente cabalos de troia cos que rouban os contrasinais do computador onde está instalado.