Representación dixital dun sinal analóxico en que a magnitude deste é mostrada a intervalos regulares e logo cuantificada cun código numérico habitualmente binario.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
modificación por impulsos codificados
Abreviatura:
MIC
Información complementaria:
Baseada na modulación de impulsos codificados sobre un fluxo dixital de 64 kbps que se consegue mostreando o sinal oito mil veces por segundo e codificando cada mostra con 8 bits.
Esta representación é usada inicialmente para a telefonía e para a codificación de audio e vídeo en computadoras.
Ver tamén:
modulación por codificación de impulsos diferenciais