Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

pasarela residencial

Dispositivo que conecta as infraestruturas de telecomunicacións da vivenda a unha rede pública de datos enlazando entre si os distintos dispositivos e facendo de interface común de todos eles coas redes externas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
ponte residencial
Exemplo: 
A pasarela residencial será o medio máis potente de conectar a vivenda do fogar dixital co exterior.
Información complementaria: 
A pasarela residencial normalmente combina as funcións dun encamiñador, dun concentrador, dun módem con acceso a Internet para varios ordenadores, de devasas e mesmo do servidor de aplicacións de entretemento, de comunicacións, como VoIP ou de telecontrol como a domótica. É o produto que permitirá a conectividade total dos fogares co mundo exterior e será capaz de telecontrolar electrodomésticos, sistemas de seguridade, de domótica, de xestión enerxética, equipos de electrónica de consumo como vídeos e TV, ordenadores persoais e moitos máis. As pasarelas residenciais veñen cubrir as necesidades actuais de converxencia que se están a producir coa aparición e a instalación de novas tecnoloxías de comunicacións. Primeiro, grazas ao aumento imparable do número de conexións a Internet xa sexa con módem corrente de 56Kbps e, sobre todo, con módems ADSL ou de cable. Segundo, o número de vivendas con un ou máis ordenadores continúa aumentando, ademais da aparición de novos dispositivos e electrodomésticos que necesitan estar en rede para implementar novas e prestacións útiles. De feito, a maiores da tecnoloxía Ethernet con fíos CAT.5, están a aparecer multitude de tecnoloxías como o HomePlug, HomeRF, HomePNA, IEEE 802.11x que son capaces de transferir datos a varios Mbps sen necesidade de instalar novos fíos nas vivendas.
Traducions
Tradución castelán: 
pasarela residencial
Tradución inglés: 
residencial gateway