Sistema que indica a maneira en que están fisicamente distribuídos e conectados os distintos elementos ou equipos da rede.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A topoloxía da rede en domótica está directamente relacionada coa instalación física da rede.Información complementaria:
Segundo o ITC-BT-51 do REBT denomínase nodo a cada unha das unidades do sistema capaz de recibir e de procesar información comunicándose, cando proceda, con outras unidades ou nodos localizados dentro do mesmo sistema.
Os seus factores lóxicos de elección son: a modularidade, o grao de complexidade, o custo, a flexibilidade, a fiabilidade do sistema, o tipo de sistema de xestión que se empregará, os criterios de deseño do edificio e a potencia do sistema.