Para unha determinada frecuencia, división matemática adimensional entre a enerxía almacenada por ciclo e a disipada.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
factor de calidade de elementos reactivos; factor de calidade dos elementos reactivos
Abreviatura:
Q
Exemplo:
O factor de calidade da bobina é de 120.Información complementaria:
Tamén se pode calcular como a relación entre a reactancia e a resistencia dun determinado elemento reactivo.
Pode aplicarse tanto a indutancias e a capacidades coma a resoadores. Igualmente se aplica a filtros ou circuítos selectivos e nese caso o valor é o da relación entre a frecuencia de resoancia e o ancho de banda a 3 dB.