'Teclado vídeo rato', dispositivo que permite controlar unha ou máis computadoras (usualmente 2, 8 ou 16) desde unha ou máis consolas de periféricos (teclado, monitor e rato).
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
KVM
Exemplo:
Conecta ese monitor ao KVM do operador 4.Información complementaria:
O dispositivo conta con múltiples entradas e saídas para as computadoras e os periféricos. Aínda que é habitual que se controlen varias computadoras desde unha combinación de periféricos, tamén permite controlar unha soa computadora desde varios periféricos terminais distintos. Hoxe en día, coa utilización do escritorio remoto, os KVM teñen cada vez menos uso.