Cada unha das dúas medias imaxes que forman as imaxes de televisión analóxica.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
En PAL, para que se complete a cancelación de interferencias que produce o sinal de croma deben transcorrer 8 campos, o que fai que esta sexa deficiente e que en imaxes de cores saturadas apareza unha interferencia típica en ondas a 45 graos desprazándose verticalmente cara arriba pola pantalla.Información complementaria:
Cada imaxe de televisión, tamén denominada cadro, fórmase por dúas medias imaxes onde cada unha leva a metade de liñas, aínda que cada media imaxe cobre toda a pantalla producindo así un brillo en toda a pantalla dúas veces por cada imaxe que se representa. Son a consecuencia ou o efecto do varrido entrelazado.
Nalgúns textos tamén se refiren a estas medias imaxes como cadros.
Ver tamén:
cadro; liña de vídeo; sinal de televisión; varrido entrelazado