Antena dipolo de lonxitude física varias veces inferior a unha lonxitude de onda, cunhas características xeométricas que fan dela unha antena electricamente pequena, onde a corrente é máxima no centro, lugar no que se alimenta a antena, e decrece linealmente ata anularse nos extremos, sendo a radiación máxima no plano perpendicular ao dipolo e nula na dirección da corrente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
dipolo elemental
Información complementaria:
O diagrama de radiación deste presenta unha forma toroidal de sección circular con valor de radio interno nulo. A súa ganancia presenta un valor de 1.76 dBi con respecto ao radiador isotrópico ideal.
Ver tamén:
diagrama de radiación; dipolo; ganancia de antena; lambda