Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

onda media

En radiocomunicacións, onda de radio de frecuencias medias (MF) que se estende de 515 KHz a 1629 KHz, correspondente á porción do espectro de baixas frecuencias coñecida polas siglas LF (300–3000 KHz).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Emprégase en todo o mundo para a difusión AM, con separación de frecuencias portadoras cada 9 kHz, e bandas laterais de ±4.5 kHz, agás en América onde as portadoras están espazadas en 10 kHz e presentan bandas laterais de ±10 kHz. Ambos os dous valores permiten a transmisión da voz con calidade de audio pero non en alta fidelidade. A potencia de transmisións das estacións de onda media está limitada a 50 kW en América do Norte e a 2.5 kW en Europa. A propagación prodúcese por onda de superficie e refracción ionosférica. Para reducir a interferencia con outras emisoras afastadas, durante a noite debe adecuarse o nivel de potencia transmitido. Opérase cunha portadora por país, salvo a BBC inglesa que posúe varios transmisores entre 693 e 909 KHz.
Ver tamén: 
espectro electromagnético; onda curta; onda longa
Traducions
Tradución castelán: 
onda media
Tradución francés: 
onde moyenne
Tradución inglés: 
medium wave