Conexión de dispositivos en cadea cerrada e seriada usada con sinais analóxicos, dixitais e de potencia ou unha combinación deles, onde o último elemento da cadea non ten acceso directo ao primeiro.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Nunha conexión en cadea deste tipo un dispositivo non ten acceso directo ao dispositivo que o precede. Esta propiedade define unha topoloxía básica de rede baseada na conexión en cadea ou seriada dos elementos da rede con dúas variantes posibles: en anel ou lineal. Os buses de datos seriados, como o SPI e os rexistros de desprazamento, están baseados nesta conexión en cadea. Dise tamén da interconexión seriada das entradas e saídas dos rexistros definidos para incorporar a capacidade de monitorización de periferia ou "boundary scan", ben sexa a nivel de dispositivo ou de placa de circuíto integrado.
Ver tamén:
Joint Test Action Group; monitorización da periferia; Programación dentro do sistema; Serial Peripheral Interface Bus