Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

porteiro

Sistema de control dunha zona nas redes H.323, que realiza funcións de control de admisión, de tradución de enderezos locais a IP ou a IPX e de encamiñamento de chamadas H.323, a través de pasarelas, de ser necesario, e de control do ancho de banda dispoñible na rede.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Se non existe un porteiro, os puntos de terminación pódense comunicar directamente; se está presente, os puntos de terminación da zona téñense que conectar a el. En función do ancho de banda dispoñible poden autorizar ou non a entrada de novos clientes. O porteiro tamén se pode encargar de funcións de facturación e directorio.
Ver tamén: 
H.323
Traducions
Tradución castelán: 
portero
Tradución francés: 
portier
Tradución inglés: 
gatekeeper