Cantidade de imaxes que mostra un sistema en pantalla por segundo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
número de imaxes por segundo
Información complementaria:
Cada imaxe divídese en dous campos, impar e par; o impar leva as liñas 1, 3, 5, ... ata a 312,5 (remata en media liña), e o par empeza en media liña e leva as liñas pares 2, 4, 6..., ata formar as 625 liñas dunha imaxe completa. En Europa úsanse 25 imaxes por segundo e en Estados Unidos e moitos países de América 30. Esta diferenza vén dada pola distinta frecuencia nas redes eléctricas (50 Hz en Europa e 60 Hz en América), pois se o número de imaxes por segundo non mantiña relación coa frecuencia da rede eléctrica, debido á limitada calidade das fontes de alimentación dos televisores, producíase un efecto de claroscuro vertical desprazándose pola pantalla.
Ver tamén:
frecuencia de cadro; frecuencia de liña