'Algoritmo internacional de cifraxe de datos', algoritmo de cifraxe simétrica con contrasinal secreto.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
IDEA
Exemplo:
IDEA é o método utilizado en PGP.Información complementaria:
desenvolvido por X. Lai e J. Massey en Suíza. Desenvolvido en 1991 para ser estándar europeo. A formulación é a mesma que o DES: método por bloques con moitas permutacións e substitucións. É máis moderno que DES, ten maior lonxitude de chave (maior seguridade) e é máis rápido que o triplo DES.
IDEA opera en bloques de 64 bit, utiliza un contrasinal de 128 bit, realiza unha serie de oito transformacións idénticas e unha transformación de saída.
Este algoritmo está patentado pero o seu uso é gratuito para fins non comerciais.
Ver tamén:
cifraxe; cifraxe por bloques; codificación; Data Encryption Standard