Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

multiplexación

Combinación de dúas ou máis canles de información nun só medio de transmisión usando un multiplexor.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Abreviatura: 
MUX
Información complementaria: 
O proceso inverso coñécese como desmultiplexación. Un concepto moi similar é o de control de acceso ao medio. Existen moitas estratexias de multiplexación segundo o protocolo de comunicación empregado. Adoitan combinarse diferentes estratexias buscando o uso máis eficiente. Os máis utilizados son: - a multiplexación por división de tempo ou TDM (Time division multiplexing ); - a multiplexación por división de frecuencia ou FDM (Frequency-division multiplexing) e o seu equivalente para medios ópticos, por división de lonxitude de onda ou WDM (de Wavelength); - a multiplexación por división en código ou CDM (Code division multiplexing); Cando existe un esquema ou protocolo de multiplexación pensado para que múltiples usuarios compartan un medio común, por exemplo en telefonía móbil ou Wi-Fi, adoita denominarse control de acceso ao medio ou método de acceso múltiple. Como métodos de acceso múltiple destacan: - o acceso múltiple por división de frecuencia ou FDMA; - o acceso múltiple por división de tempo ou TDMA; - o acceso múltiple por división de código ou CDMA.
Ver tamén: 
control de acceso ao medio; CDM; método de acceso múltiple; multiplexación en frecuencia; multiplexación por lonxitude de onda; multiplexor
Traducions
Tradución portugués: 
multiplexação; multiplexagem
Tradución castelán: 
multiplexación
Tradución francés: 
multiplexage
Tradución italiano: 
multiplazione
Tradución inglés: 
multiplexing; muxing
Tradución alemán: 
Multiplexverfahren