Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

impedancia imaxe

Media xeométrica entre a impedancia de entrada coa saída en cortocircuíto (carga de 0 ohmios) e a impedancia de entrada coa saída en circuíto aberto (carga infinita). Cando se desexa ter máxima transferencia de potencia a impedancia da fonte (porta 1) tamén debe ser igual á imaxe e a da carga (porta 2).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina que non admite plural
Sinónimos: 
impedancia de imaxe
Exemplo: 
O filtro obtense por un método baseado nas impedancias imaxe.
Información complementaria: 
Impedancia que, como exemplo nunha rede de dúas portas, se teñen se se conecta unha serie infinita de parellas das ditas redes, de maneira que o porto 2 dun cuadripolo se conecte co porto 2 do seguinte, e o porto 1 co 1 do seguinte, e as impedancias imaxe son as que se medirían no extremo 1 da dita serie e no extremo 2, ou, dito doutro modo, son as impedancias que se obteñen nun porto cando no outro conectou a impedancia imaxe do dito porto.
Ver tamén: 
impedancia
Traducions
Tradución portugués: 
impedância de imagem
Tradución castelán: 
impedancias imagen
Tradución francés: 
impédance images
Tradución italiano: 
impedenze immagini
Tradución inglés: 
image impedances
Tradución alemán: 
Wellenwiderstände