Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

patente de programa

Aplicación da lexislación de patentes industriais a programas de ordenador, aplicacións informáticas e outros compoñentes do soporte lóxico.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
As patentes foron pensadas para protexer inventos cando estes eran inventos industriais, ou sexa, máquinas. Calquera obxecto dunha patente de programa foi creado para ser a parte intanxible dun ordenador ou elemento do soporte físico ao que permite realizar certas funcións. Sería algo así como o 'coñecemento da máquina'. Rexistráronse como patente de programa métodos e xeitos de facer no uso de elementos tecnolóxicos. Neste caso nin sequera existe o elemento do soporte lóxico que se debe incluír no equipo senón o 'coñecemento do operador' da máquina. Algo así como poñer un pano húmido na caluga para deter unha hemorraxia nasal ou o beber auga a grolos para deter o impo. A maioría dos países fai un tratamento intelectual dos programa en tanto o seu rexistro en calidade de invento ou idea faise empregando os marcos que regulan as obras literarias. Os programadores destes países non teñen posibilidade ningunha de entrar nunha torta que pretenden repartirse as grandes empresas dos grandes bloques económicos mundiais (Europa e Estados Unidos). Un elemento de programa non é un invento industrial. Non ten custo de réplica, algo que é inherente en calquera invento industrial. Un elemento de programa non é unha obra literaria nin unha creación artística. Para o soporte lóxico non cabe outro camiño que non sexa o código aberto. En plena revolución da información non se pode deter a creación de programas por defender uns dereitos comerciais. Os retos que como humanidade se teñen suscitado non permiten deter o progreso do coñecemento por uns dereitos comerciais que de nada serven se non se logra un futuro para todos (incluídos os supostos posuidores deses dereitos). Hai dúas opinións enfrontadas acerca delas: 1.- As patentes axudarán a desenvolver a industria europea do soporte lóxico. Posición defendida pola Business Software Alliance e importantes empresas de programas (europeas e, maiormente, non europeas) 2.- As patentes impedirán o seu desenvolvemento. Posición defendida pola comunidade pro código libre ou aberto representada, fundamentalmente, por Eurolinux e as principais Pymes europeas do mundo da informática. A terceira opción, deixar as cousas como están, tamén está a ser defendida por algunhas empresas do sector como IBM. Non é unha lexislación trivial. As patentes poden cambiar totalmente as regras do xogo para o desenvolvemento de programas e, especialmente, o desenvolvemento do programa libre. Se Europa e a Comisión van apostar polo software VOS/FS ten que pensar detidamente a lexislación sobre patentes.
Ver tamén: 
patente
Traducions
Tradución inglés: 
software patent