Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

antena motorizada

Antena directiva que dispón dun motor capaz de movela para apuntar na dirección de interese.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Cando se apunta a un obxecto móbil (por exemplo, satélites de observación de órbita polar) necesítase tamén un sistema de auto-tracking, normalmente un ordenador, que calcula os ángulos de apuntamento e move a antena consecuentemente. Outro exemplo tipico son as antenas parabólicas de recepción de televisión por satélite que poden xirar, de xeito que nese xiro a antena vai apuntando a diferentes posicións da órbita xeoestacionaria onde están os satélites de televisión directa. Cunha antena deste tipo podemos cambiar fácilmente dun satélite ao outro e tamén ter servizo nunha ubicación móbil (como un barco). A antena pode ter a opción de memorizar as posicións para logo volver a utilizalas.
Ver tamén: 
antena; satélite de órbita polar
Traducions
Tradución castelán: 
antena motorizada
Tradución inglés: 
motorized antenna