Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

frecuencia fundamental

Número de veces que se repite o período por unidade de tempo nun sinal periódico.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
A frecuencia fundamental da voz humana é apoximadamente de 110 Hz nos homes e o dobre nas mulleres.
Información complementaria: 
A frecuencia fundamental mídese xeralmente en ciclos por segundo ou hertz. Para medir correctamente a frecuencia fundamental débese escoller o período máis breve posible (período mínimo ou fundamental). Cando se fai a análise espectral dun sinal periódico (serie de Fourier) os compoñentes en frecuencia aparecerán nos múltiplos da frecuencia básica ou fundamental. En varios sinais de interese (voz, vídeo analóxico) non hai unha periodicidade exacta pero si que existe unha frecuencia fundamental, xa que o espectro se concentra nos múltiplos de certa frecuencia.
Ver tamén: 
espectro; transformada de Fourier
Traducions
Tradución portugués: 
frequência fundamental
Tradución castelán: 
frecuencia fundamental
Tradución francés: 
fréquence fondamentale
Tradución inglés: 
fundamental frequency
Tradución alemán: 
Grundfrequenz