Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

volt

Unidade do Sistema Internacional para a tensión eléctrica ou voltaxe.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura: 
V
Exemplo: 
Os circuítos electrónicos adoitan usar voltaxes baixas, é típica a alimentación de 5 volts de continua.
Información complementaria: 
A voltaxe é unha diferenza de potencial eléctrico. Expresa a enerxía que desprenderán as cargas eléctricas se as deixamos fluír polo circuíto dun punto a outro. Ese número tamén nos indica a enerxía necesaria para volver poñer as cargas no primeiro punto, que é a enerxía que ten que subministrar o xerador. Cando unha unidade de carga (un coulomb) flúe nun segundo e desprende un joule de enerxía, polo circuíto circula un ampere e a potencia que se disipa é dun watt, a diferenza de potencial será dun volt.
Ver tamén: 
tensión; ampere
Traducions
Tradución portugués: 
volt
Tradución castelán: 
voltio
Tradución francés: 
volt
Tradución italiano: 
volt
Tradución inglés: 
volt
Tradución alemán: 
Volt