Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

resposta ao impulso

En sistemas lineais e invariantes, saída que presenta o sistema cando na entrada hai unha función impulso.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
resposta á función impulso; resposta á delta; resposta á función delta
Exemplo: 
A resposta ao impulso é moi difícil de medir.
Información complementaria: 
Moitas veces úsase a resposta ao sinal banzo. A derivada do sinal obtido será a resposta ao impulso. A partir da resposta ao impulso pódese calcular o sinal de saída ante calquera entrada. Aínda que na práctica é pouco utilizado, o concepto é importante teoricamente. A notación é: h(t) en sistemas analóxicos; h[n] en sistemas dixitais.
Ver tamén: 
función impulso; resposta ao impulso infinita; sinal banzo; sistema lineal; sistema lineal e invariante no tempo
Traducions
Tradución portugués: 
resposta ao impulso
Tradución castelán: 
respuesta al impulso
Tradución francés: 
réponse impulsionnelle
Tradución inglés: 
impulse response
Tradución alemán: 
Impulsantwort