Relación entre o sinal de entrada e o de saída nun sistema lineal e invariante.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
función do sistema
Exemplo:
Os fabricantes dos equipos de telecomunicacións adoitan publicar a función de transferencia no dominio da frecuencia.Información complementaria:
A función de transferencia pode escribirse:
- No dominio do tempo como unha operación de convolución coa resposta ao impulso.
- No dominio da frecuencia como transformada de Fourier da resposta ao impulso (resposta en frecuencia).
- No dominio complexo (dominio s) como transformada de Laplace da resposta ao impulso.
Ver tamén:
convolución; resposta ao impulso; transformada de Fourier; transformada de Laplace