Dispositivo electromecánico que converte unha serie de impulsos eléctricos en desprazamentos angulares discretos, o que significa que é capaz de avanzar unha serie de graos (pasos) en función das súas entradas de control.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
motor con control paso a paso
Abreviatura:
motor PaP
Exemplo:
Esta impresora é das que funciona con motor paso a paso.Información complementaria:
O motor paso a paso compórtase do mesmo xeito que un convertedor dixital-analóxico e pode ser gobernado por impulsos procedentes de sistemas lóxicos. O seu uso máis habitual nas TIC é como motor das impresoras de papel continuo.
Ver tamén:
posicionador