Programa editor de gráficos vectoriais de código aberto, con capacidades similares ás de Illustrator, Freehand, CorelDraw ou Xara X, usando o formato de arquivo Scalable Vector Graphics estándar da W3C.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Exemplo:
Este cartel foi diseñado co Inkscape.Información complementaria:
As características do Inkscape inclúen: formas, trazos, texto, marcadores, clons, mesturas de canles alfa, transformacións, gradientes, padróns e agrupamentos. Inkscape tamén pode traballar meta-datos Creative Commons, edición de nodos, capas, operacións complexas con trazos, vectorización de arquivos gráficos, texto en trazos, alineación de textos, edición de XML directo e moito máis. Pode importar formatos como Postscript, EPS, JPEG, PNG, e TIFF e exporta PNG así como moitos formatos baseados en vectores. O obxectivo principal de Inkscape é crear unha ferramenta de debuxo potente e cómoda, totalmente compatible cos estándares XML, SVG e CSS. Tamén o de manter unha próspera comunidade de usuarios e desenvolvedores usando un sistema de desenvolvemento aberto e orientado ás comunidades, e estando seguros de que Inkscape sexa fácil de aprender, usar e mellorar.
Ver tamén:
código aberto; Scalable Vector Graphics; vector